Cervo inicia os pasos para levar o saneamento a toda a parroquia de Rúa

O concello de Cervo comeza a dar os pasos para achegar o saneamento a toda a parroquia de Rúa. No día de onte o alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, achegáronse ata a antiga escola de Rúa para manter unha reunión cos veciños da zona de Ruela, onde se fará a primeira das actuacións previstas para achegar o saneamento a toda a parroquia.

Ao encontro tamén acudiron dous técnicos topográficos, co obxectivo de resolver as dúbidas dos veciños e veciñas, ademais de consensuar con eles diferentes aspectos das actuacións que se pretenden levar a cabo.

A execución deste conxunto de actuacións permitirá achegar o saneamento a toda a parroquia de Rúa, dotando así aos veciños desta zona rural dunha infraestrutura esencial para o seu día a día.

Villares apuntou que se trata “dunha actuación importante para a veciñanza da parroquia de Rúa, xa que este tipo de obras son moi necesarias para seguir a mellorar a calidade de vida dos cervenses”. O rexedor sinalou que “con esta actuación, que comezará en Ruela, e que se estenderá aos núcleos restantes, melloramos as infraestruturas básicas dunha zona rural do noso municipio como é Rúa”. Quixo engadir o alcalde que “desde o noso equipo de goberno traballamos decididamente para que as inversións cheguen a cada recuncho do noso municipio”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com