Descenden os casos activos e os positivos detectados tras unha importante suba das altas

Terceiro día consecutivo de descenso de casos activos e segundo día de descenso de contaxios. Así se presenta a semana no relativo á Covid na provincia co que semella dobregarse a curva desta sexta vaga.

Así o amosan os datos publicados polo SERGAS que cifran en 7266 os casos activos, 355 menos que na xornada anterior. Unha boa nova tendo en conta que tamén descenden, iso si, moito máis levemente, os positivos detectados. Pois segundo o último informe de Sanidade, na última xornada, foron 446 as persoas que deron positivo en PCR ou test de antíxenos, polos 500 da xornada anterior ou os 671 do sábado.

Un baremo que non presenta tanta mellora é o da presión asistencial, que tende a empeorar durante un par de semanas desde que comezan a descender os casos activos. Así, nas últimas horas rexistráronse 60 pacientes en unidades convencionais e 7 na UCI, todos no HULA.

Por hospitais, o Hula continúa a ser o que máis pacientes con Covid ten en planta, cun total de 46; pola súa banda, o Hospital da Costa rexistra 8 pacientes mentres que o de Monforte baixa a 6.

Pero para rematar con bo sabor de boca, nas útlimas horas 801 persoas recibiron a alta médica na provincia. Así, son un  total de 31.794 as persoas que poden dicir en Lugo en xa superaron a enfermidade dende o inicio da pandemia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com