O Tenente Alcalde de Lugo visitou a rúa San Eufrasio onde vén de comezar a construcción dun novo paso de peóns elevado no percorrido do Camiño Primitivo. “Trátase do punto de chegada das e dos peregrinos a Lugo polo camiño primitivo, despois de pasar por Castelo e pola Chanca onde desde o comezo do mandato realizamos distintas intervencións para mellorar a entrada do Camiño Primitivo en Lugo”.
O segundo edil afirmou que “con este novo paso de peóns elevado continuamos a mellorar a seguridade peonil na cidade, mellorando a seguridade neste cruce e avanzando na mellora integral da entrada a Lugo a través do Camiño Primitivo”.
O Tenente Alcalde anunciou que o Goberno de Lugo está a traballar na mellora da parte inferior do Carril das Flores, “o que nos permitirá rematar a renovación da entrada a Lugo polo Camiño Primitivo e garantir a mellor imaxe de Lugo á chegada das e dos peregrinos”.