O Concello presenta o Plan de Tráfico durante a construcción da pasarela de Fontiñas

O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, informou das modificacións de tráfico que entrarán en vigor debido á construcción da pasarela peonil do Carril do Xuízo, na zona de Fontiñas. O edil de Infraestruturas explicou que “desde a Concellería de Infraestruturas buscamos sempre que os traballos se executen producindo as mínimas molestias á veciñanza, e neste caso só será preciso modificar o sentido de circulación de dúas rúas da zona”.

O plan elaborado pola concellería de Infraestruturas para o desenvolvemento dos traballos modificará o tráfico na rúa Peña Anda, deixandoo só en sentido ascendente cara a Doutor Balanza. O último treito de Doutor Balanza modificará ao mesmo tempo o sentido de circulación, comunicando deste xeito as rúas Emilia Pardo Bazán e Carril de Catasol.

A primeira fase desta actuación obras consistirá na construcción das zapatas que sosterán a pasarela, e completarase posteriormente coa instalación da estrutura. De cara á instalación das zapatas será preciso modificar certos servizos xa habilitados na rúa, como as canalizacións, actuacións que se realizarán “tratando de garantir en todo momento os menores inconvintes posibles para as veciñas e veciños da zona”, explicou Alexandre Penas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com