A Plataforma ‘Lugo… Non perdas o tren’ non se resigna a unha provincia sen infraestruturas ferroviarias

A Plataforma Plataforma Lugo… Non perdas o Tren non se resigna a unha provincia sen infraestruturas ferroviarias. Así se puxo de manifesto hoxe na reunión mantida na sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) polos seus responsables e representantes de diferentes entidades empresariais, que con este encontro buscaban revitalizar o coñecemento público das súas demandas e emprender novas liñas de acción conxunta.

Dende a CEL destacouse a utilidade da Plataforma como punto de encontro e unión dos colectivos cidadás e empresarias da provincia -en palabras de Eduardo Valín, “o que é bo para os cidadás, é bo para os empresarios e viceversa”-, así como a necesidade de trasladar de forma clara aos responsables políticos cales son as prioridades en materia de infraestruturas ferroviarias da nosa provincia para acordar prioridades e acadar compromisos claros ao respeto”.

Neste senso, dende a CEL destácase e agradécese a inversión prevista para a electrificación da vía Lugo – Monforte de Lemos, sinalando que se trata dunha inversión histórica no tren por parte do Estado, pero que “non é suficiente” porque Lugo “segue a ser a única capital de provincia en Galicia sen conexión coa alta velocidade”, o é “vital tela tanto para os cidadáns como para o futuro das empresas da provincia”, en palabras de Eduardo Valín.

O presidente da Plataforma, Jesús Vázquez, destacou pola súa banda a actual falta de servizos ferroviarios en Lugo, a necesidade de recuperar liñas e frecuencias para artellar a provincia e acadar unha axeitada conexión co resto do país. Tanto os representantes empresariais como veciñais coinciden en que tamén é básico en Lugo en materia de ferrocarril é “executar canto antes a conexión ferroviaria Monforte – Lugo – A Coruña con el Corredor Atlántico para garantir a salida dos nosos produtos e, por suposto, a vertebración de todo o Norte provincial vía autovía cara Ferrolterra e a modernización das liñas FEVE nesta zona para o transporte de mercadorías e viaxeiros”.

Sinalan que a interconexión ferroviaria Santiago – Lugo – A Mariña” e “Lugo – A Coruña” en tempos competitivos “tamén debería acadarse pronto”, así como axilizar a “posta en servizo da Estación Intermodal de Lugo”.

De xeito máis concreto, tras o encontró mantido hoxe a Plataforma retomará a partir  de agora os contactos cos Concellos para que se sumen ó colectivo (a gran maioría xa manifestaron apoio expreso, pero faltan uns vinte cos que se contactará de novo); contactará con Diputados e Senadores pola provincia para coñecer o traballo que cada un deles desenvolve en pro do tren de Lugo ou solicitará entrevistas persoais coa Secretaria de Estado, Isabel Pardo de Vera, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que lle demandan “que pida para Lugo o cambio de ancho de vía que está pedindo para Santiago”.

A maiores, solicitarán tamén a creación do ente “Tren Galego” para a mellora do tren métrico, entroutras accións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com