Detido un mozo de 29 anos por unha presunta agresión á súa parella

A Policía Local acudía na madrugada do pasado sábado, pasadas ás 5 da mañá, a un domicilio da rúa Río Lor, logo de recibir, a sala do 092, información sobre un presunto delito de violencia de xénero. Ata o lugar achegáronse varios indicativos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, podendo comprobar os policías que había varios veciños no andar e que se escoitaban berros no interior da vivenda.

Ao efectuar varias chamadas á porta, foron recibidos pola muller, que presentaba un alto estado de nerviosismo, ademais de  arañazos e hematomas, manifestando que fora agredida pola súa parella, que tamén se atopaba presente e dicía que simplemente discutiran.

Os policías procederon á detención do individuo, de 29 anos de idade, e o seu traslado a dependencias policiais, para realizar as dilixencias oportunas; sendo a muller trasladada a un centro médico, para a oportuna atención e expedición do necesario parte facultativo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com