As obras da estrada de Pedrafita a Seoane obrigan a cortar o tráfico a partir de mañá

As obras de mellora e ensanche que está acometendo a Deputación de Lugo no tramo que vai do punto quilométrico 10,7 ao 12,5 da estrada LU-P-1301, de Pedrafita do Cebreiro a Seoane do Courel, obrigan ao corte da estrada a partir de mañá, 2 de febreiro. En concreto, é necesario cortar a circulación para acometer os traballos de adaptación da rasante nun tramo de curvas, a instalación dun tubo para executar a drenaxe transversal e, posteriormente, se as condicións meteorolóxicas o permiten, o estendido de aglomerado. Está previsto restablecer o tráfico o día 18, aínda que se fará antes se terminan os traballos.

A Deputación inviste 245.000€ na mellora deste tramo da estrada provincial de Pedrafita a Seoane que vai do quilómetro 10,7 ao 12,5; ten adxudicada outra fase, do quilómetro 8,6 ó 10,7, neste caso por un importe de case 300.000€; e está redactando o proxecto para a terceira fase. Desta forma, ao finalizar este mandato, esta vía quedará completamente renovada.

Os traballos contemplan a ampliación da estrada, tarefas de drenaxe, afirmado, pavimentación, sinalización horizontal e vertical, e colocación de balizas de neve, paneis direccionais, fitos quilométricos, carteis e novos tramos de barreira metálica de seguridade.


Imaxe de arquivo: Obras en estradas provinciais

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com