Lixeiro descenso de casos logo dun novo aumento dos positivos detectados

A provincia de Lugo volve, un día máis, a rexistrar un descenso dos casos activos, iso si, moi leve. Por segundo día consecutivo, o ritmo de contaxios volve atrás e sube lixeiramente.

Así, en cifras, segundo o último informe do SERGAS, Lugo conta hoxe con 6148 casos activos, 57 menos que na xornada anterior. Este freo na mellora, débese en parte á suba dos contaxios, e é que a provincia sumou nas últimas horas 585 novos positivos, 106 máis que un día antes.

A esa suba do ritmo de contaxios, súmase, tamén, un lixeiro freo das altas médicas. Pois na última xornada rexistráronse 636 altas sumando un total de 37951 persoas curadas dende o inicio da pandemia.

Un dato que si mellora hoxe é a presión asistencial e é que os hospitais da provincia contan con 69 pacientes (9 menos que un día antes) con covid en planta e 6 na UCI do HULA. Por centros, o Lucus Augusti ten 49 pacientes en unidades convencionais, mentres que os hospitais comarcais contan con 10 casos covid cada un.

Doutra banda, o SERGAS notificou nas últimas horas 4 falecidos nas últimas horas na provincia. Así o día 29 fenecía na área sanitaria lucense un home de 87 anos e unha muller de 91, ao día seguinte, o 30 de xaneiro, faleceu un home de 91, o día 31 perdeu a vida unha muller de 89 anos. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com