A reposición das lonas cortadas levarase a cabo nos vindeiros días, unha vez conclúan os traballos de reimpresión. Desde a Vicepresidencia da Deputación sinalan que o ataque non reduciu o interese da cidadanía na mostra, senon todo o contrario. E apuntan que nos últimos días decenas de persoas recolleron o catálogo e a revista
que se editaron para difundir a mostra.
A exposición Galiza. Un pobo, unha selección, organizada pola plataforma Vía Galega coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, repasa a historia do deporte galego, afondando na participación de deportistas do país en competicións internacionais e reclama que Galicia compita con seleccións propias en competicións internacionais, como fan outras nacións como Gales ou Escocia.
A mostra permanecerá na Praza de San Marcos ata o 14 de febreiro, e iniciará logo unha itinerancia por Sarria, Monforte, Chantada, Vilalba, Viveiro, Foz, Ribadeo, Barreiros e Valadouro.
Feb 02, 2022 - 08:38 PM
Es que colocar esos carteles de esa manera, era visto que cualquier delincuente/es los iba destrozar,… https://t.co/38ZqJehPpZ