Presentación do novo Consello de Administración do CD Lugo

O presidente do C.D. Lugo, Tino Saqués, presentou este mediodía os conselleiros do club e as áreas das que serán responsables cada un deles despois de que esta mañá, ante Notario, formalizasen a aceptación dos seus cargos.

O Consello quedará formado por: José Antonio Sánchez Goñi, vicepresidente e controlador da área xurídica; como secretario José María Vázquez Guillán, responsable a a súa vez da área financeira e administración; Olga Rouco, responsable do departamento de recursos humanos; Belén García, responsable da área de mercadotecnia e comunicación; Mari Paz Bergantiños, controladora da área económica e Marco Antonio López, responsable de relacións institucionais.

Saqués valorou estes dous primeiros días de traballo, e amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento dos contactos cos traballadores do club e o novo equipo directivo: “Temos que desenvolver moito e ver como está actualmente a estrutura do CD Lugo. Onte xa mantivemos reunións con traballadores do club, a asesoría de recursos humanos viu o labor que están a desenvolver nas diferentes áreas. O que queremos é analizar e mellorar aquelas áreas que viamos moi desertas como a área social, á que queremos dar un xiro total, para que os lucenses baixen ao Anxo Carro“, explicou o presidente.

Tino Saqués indicou que a súa intención é dar maior calor ás bancadas e “enchelas sobre todo con xente nova. O que queremos é que a bancada de Fondo Sur, que se enchía con afeccionados do Depor ou Sporting énchase de seguidores do CD Lugo, non só da capital senón de toda a provincia”.

Neste senso, avanzou que se está a traballar en pechar convenios con clubes de toda a provincia. “Temos infinidade de contactos, estannos a chamar alcaldes, clubs… Se está a xerar moita ilusión. A nosa intención é non defraudar a ninguén e traballar para conseguir un Lugo de todos e para todos os lucenses”.

O máximo responsable do Club anunciou que a próxima semana se desenvolverá a primeira campaña de socios baixo o lema “O Lugo é paixón” que desenvolverase durante o Arde Lucus. Nestes momentos xa
foron varias as peñas que se dirixiron ao club para interesarse por formalizar a documentación.

Tino Saqués tivo palabras tamén para os traballadores do club aos cales agradeceu a colaboración destes días. “Os traballadores están a colaborar nos diversos ámbitos do club, e iso fai que se axilicen os temas e poidamos empezar a planificar xa o equipo porque queda pouco tempo e temos que traballar moito”, sinalou.

O Club presentará de forma oficial a próxima semana ás súas primeiras incorporacións: o adestrador, Luis Milla; e o director deportivo, Toni Otero. Será a partir dese momento cando “realmente empece a traballar a área deportiva en renovacións e futuras fichaxes”.

Comentou asemade que nestes momentos o Club ten “negociacións avanzadas” con xogadores, “pero hai que empezar por saber con que equipo imos contar da actual e os que se adaptan ás peticións do futuro adestrador”.

A nivel de patrocinios, o presidente confirmou que xa mantivo contactos con Estrela Galicia, coa que “hai contrato en vigor” e coa que se pretende”fortalecer as relacións de cara ao futuro”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com