Pola rúa…

Miro a placa da rúa pola que paso, e vexo “Pintor Tino Grandío”, e dame por pensar que cando se homenaxea a alguén cunha rúa, co tempo, a homenaxe retráese e queda o nome da rúa como referencia de localización, tendo especial caducidade as homenaxes froito de devocións ocasionais que se van esvaíndo cando non sentíndose en sentido contrario.

Nada que ver con Tino Grandío, que sempre será o gran artista que foi quen de pintar en época difícil un cadro de Franco na decrepitude que ninguén quería recoñecer. Pintores, escultores, músicos ou escritores non caducan porque as súas obras están ao noso dispor e o seu mérito é permanente.

As fugacidades poden propiciar homenaxes irreflexivos, pero dentro da miña ignorancia deportiva non comprendo as peticións para darlle a dúas rúas lucenses os nomes dun baloncestista e dun futbolista en activo, pero si apoio con toda a forza o nome da rúa Luis Gregorio Ramos Misioné por lucense, gloria do piragüismo, ter rematada a vida deportiva, ser exemplo de modestia e cunha longa, esforzada, exemplar traxectoria.

Unha cidade con rúas con nomes de Centolo, Magnolia, Cruzamento ou Esquecemento, ten moito que planificar para o futuro. E non chega con poñerlle Rúa do Teatro á do Xeneral Franco, Castelao a Xeneral Mola, Fontiñas a Carrero Blanco ou Camiño Real á do 18 de xullo. Hai que facer un inventario de notables (persoas, institucións ou acontecementos importantes para a vida da cidade), de xeito que o rueiro reflicta devocións razonadas e firmes, e os nomes das rúas representen o que Lugo sente en relación cos protagonistas dos fitos do tempo que pasou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com