Comenza a recollida de sinaturas para sacar adiante unha ILP que protexa o monte comunal

A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) celebrará o vindeiro sábado, 19 de febreiro, no concello de Guitiriz, a súa asemblea xeral. Na asemblea se presentará a campaña para recabar as 10.000 sinaturas necesarias para avalar a Inciativa Lexislativa Popular rexistrada recentemente pola organización no Parlamento galego.

A ORGACCMM pretende con esta proposta de lei contrarrestar os cambios normativos impulsados polo Partido Popular para permitir privatizar os montes veciñais en man común, para entregarllos ás empresas forestais e madereiras.

O texto da proposta de lei de montes veciñais foi elaborada en asembleas de comunidades de montes celebradas en todas as zonas de Galicia.

Xurde das propias comunidades de montes e reflicte o seu sentir. Os principios fundamentais que motivan a presentación desta ILP son o reforzamento do carácter xermánico (comunal) dos montes veciñais, a mellora do funcionamento asembleario e democráticos das comunidades de montes, o recoñecemento da titularidade veciñal como unha mais e distinta das titularidades públicas e privadas, acadar un monte veciñal multifuncional e sustentabel, e unha fiscalidade axeitada a figura e as funcións dos montes veciñais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com