O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo informou dos avances da construcción da pasarela de San Roque. O Tenente Alcalde explicou que “os traballos están a avanzar a bo ritmo, buscando sempre tratar de reducir ao máximo os inconvintes á veciñanza da zona e garantir as mellores condicións posibles para o persoal da obra”.
A primeira fase das obras, que se está a executar actualmente, consistena construcción das zapatas que sosterán a pasarela. Os traballos comezaron coa reorganización de certos servizos xa habilitados na rúa, como as canalizacións. O Goberno de Lugo inviste 220.013,95€ na execución desta obra.
“Desde a nosa chegada ao Goberno Municipal tratamos de dar a mellor solución posíbel a esta solicitude que a veciñanza da zona levaba moito tempo realizando “, explicou o segundo edil, que engadiu “desde a área de Mobilidade estudamos as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, especialmente importante na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda”.
A solución plantexada pola área de Mobilidade pasará por crear unha pasarela que una o comenzo da rampa que da acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata Primavera, pasando por riba da entrada do carril do xuízo, segundo o estipulado na normativa vixentes sobre accesibilidade e permitindo o paso de vehículos pola parte inferior. A pasarela terá un gálibo de máis de 4 metros, o que permitirá a circulación de vehículos pola súa parte inferior. A lonxitude total será de 34,68 metros. A nova pasarela permitirá, segundo declarou o Vicealcalde, “unir o centro de saúde e as rúas Primavera e Peña Anda cun percorrido practicamente plano”.