O PP consegue case 3.000 sinaturas nunha campaña para reclamar a apertura do Auditorio de Magoi

O PP solicitou hoxe unha reunión en persoa coa alcaldesa e co vicealcalde “para poñer a disposición os apoios que recolleron nunha campaña express, desenvolta durante a última semana, para pedir a apertura do novo auditorio de Magoi”.

O voceiro popular Ramón Carballo acompañado polos concelleiros do Grupo Popular explicou que “estamos satisfeitos pola resposta dos lucenses que apoiaron sen fisuras esta reclamación”. “Estas 2.875 sinaturas son unha proba real de que os cidadáns están fartos das excusas da alcaldesa, que é a propietaria xunto co seu vicealcalde o nacionalista Rubén Arroxo do novo Auditorio de Magoi” lembrando que “está nas súas mans dende hai un ano e oito meses esta dotación cultural”.

Os populares agradecen aos cidadáns o apoio recibido e explican que “agora o bigoberno de Lugo ten que responder aos miles de lucenses que respaldaron esta acción popular”. Carballo explica que “tanto se calan coma se poñen novas excusas sería unha falta de respeto a todos os que firmaron esta petición pública”.

Carballo anuncia que o Grupo Popular seguirá loitando para que se abra esta infraestructura “que leva construída e equipada dende hai 5 anos e que é propiedade do Concello de Lugo dende hai un ano e oito meses”. Nese senso anunciou que pedirán que se sume a esta iniciativa as entidades veciñais, sociais, empresariais de Lugo porque entenden que se “somos capaces de ofertar unha programación de nivel suporá un revulsivo para a economía local e provincial”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com