A historia do republicano Alejandro Viana chega ao Ateneo de Monforte

O avogado e politólogo Roberto Mera Covas presenta este sábado 12 no Ateneo Casino de Monforte o seu libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos (Belagua Ediciones). Acompañarán ao autor o xornalista Xosé Manuel Pereiro e o ex-alcalde Severino Rodríguez.

Mera constrúe un libro ameno e de áxil lectura para contar os dezaséis últimos anos da vida de Alejandro Viana, deputado republicano e tío bisavó de Roberto Mera. Viana fuxiu a Francia e arriscou a súa vida para salvar a decenas
de miles de refuxiados republicanos, feito polo que se lle coñece como o ‘Schindler’ galego.

Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. A intervención de Alejandro Viana foi decisiva para a evacuación dende Francia cara a América de 17.000 refuxiados republicanos tras o comezo da guerra civil española.

En 1941, acosado pola Falanxe e a Gestapo, Viana emprendeu unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México, onde viviu ata o seu falecemento en 1952.

A presentación é o sábado 12 ás 19:30 no Ateneo Casino de Monforte. O acceso é libre ata completar a capacidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com