Continúa a caída de casos Covid na provincia, nunha xornada que suma 1 falecido

Continúan as cifras positivas na provincia de Lugo, nunha xornada na que descende o número de casos activos, así como a presión asistencial malia a suba do ritmo de contaxios. Na contra, está o número de falecidos tras contaxiarse de Covid que as últimas horas ascendeu ata ás 290 persoas, 1 máis que na xornada anterior.

Por cifras, a provincia suma hoxe un total de 5365 casos activos, 208 persoas menos que na xornada de onte. Unha mellora que se debe á suba das altas (663 nas últimas horas) malia un lixeiro aumento do ritmo de contaxios que pasou de 325 positivos detectados o domingo aos 427 localizados durante o día de onte.

Como diciamos, na última xornada a presións asistencial experimentou tamén un importante descenso. E é que en total os hospitais da provincia baixan en dez persoas o número de pacientes con Covid. Así, o HULA conta hoxe con 43 pacientes Covid, o Hospital da Costa con 8 e o de Monforte rexistra 10 pacientes en planta de hospitalización. Asemade, o Hospital Polusa conta tamén cun paciente covid. Por último, a UCI do HULA hoxe rexistra 9 casos covid.

Dende o inicio da pandemia, Lugo suma un total de 290 falecidos por mor do virus, un deles nas últimas horas malia que a Xunta todavía non informou dos datos do finado. Pola súa banda, son xa 41.408 as persoas que superaron o virus na provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com