O Grupo Popular quere que o Goberno local aclare “para que vai servir o edificio Impulso Verde cuxa construción
está a piques de finalizar”. Antonio Ameijide recrimina a improvisación e o malgasto de fondos públicos “a alcaldesa gasta case dous millóns de euros en dous anos nun edificio de equipamento que non sabe para que se vai a utilizar”.
O popular detalla que “comezaron a tramitación en 2019 e varios anos despois, co edificio case acabado seguen sen poder respondernos nin de forma oficial, nin informal a que se vai a destinar este edificio”.
O viceportavoz popular Antonio Ameijide aínda que coincide en que “é positivo que se traballe para facer unha cidade máis respectuosa co medio ambiente” resúltalle rechamante “que se monte un edificio ecolóxico, referencia da cidade verde de Lara Méndez, nunha rotonda chea de coches e á beira de varias superficies comerciais”. Os populares explican que “o edificio pode ter os premios de arquitectura que se queiran, ninguén discute a calidade ou o sistema construtivo ou mesmo o deseño, pero o edificio Impulso Verde nin está integrado en no medio, nin ten unha utilidade para os lucenses”. Ameijide asegura que “coñecendo o ego da alcaldesa todo apunta a que o Edificio Verde que impulsa é unha obra para gañar un titular e para perpetuar o seu paso pola alcaldía do mesmo xeito que o foi no seu momento o MIHL de Orozco”.
O PP anuncia que pedirá explicacións en comisión sobre o uso do edificio e sobre que partido sacaranlle os lucenses así como os custos de mantemento. “É moi agradable sacar fotos de inauguracións de edificios verdes pero hai que ser serios para que este inmoble non pase á colección de edificios sen uso ou abandonados que ten o Goberno de Lugo”. O popular referíase aos paneis do Ceao que nunca chegaron a funcionar e onde o PSOE gastou 800.000 euros; ou o edificio infrautilizado do MIHL no que se gastaron 11 M€ ou ben o edificio abandonado do Auditorio de Magoi.
“O bipartito de Lugo fai ao revés, primeiro gástanse os millóns de euros que lles chegan de Europa nun Edificio Verde fose de contexto, mentres tanto a decisión sobre o seu contido segue sendo unha incognita”, razoaba o viceportavoz popular.
A adxudicación do Edificio Impulso Verde financiado con fondos europeos adxudícase o 26 de agosto de 2020. No edificio gástanse 1.713.931,14 € e na parcela hai unha previsión de gasto de 179.922 €. O prazo de execución era de 15 meses con que a obra xa levaría un atraso de 3 meses.
Feb 08, 2022 - 09:37 PM
@PPConcelloLugo Linterna.