O BNG continúa hoxe coa campaña Lugo quere tren, colocando unha mesa de recollida de sinaturas na rúa da Raíña partir das 17:30. O responsábel local do BNG explicou que “continuamos coa entrega de bandeiras e pegatinas para que as veciñas e veciños de Lugo poidan mostrar o seu apoio á campaña e reclamar un tren digno para Lugo”.
O BNG entregará bandeiras para colgar dos balcóns e pegatinas para coches a todas as veciñas e veciños que se acheguen a recoller información sobre a situación actual do transporte ferroviario en Lugo e as alternativas do BNG para melloralo.