A Policía Local detivo na noite de onte a un home de 46 anos, veciño de Lugo, por un presunto delito de violencia de xénero logo de descubrir a unha muller camiñando en pixama diante das dependencias policiais.
Ante a imaxe da muller, que ía acompañada por home, mentres choraba e dicía, diante do edificio policial, que quería que a súa parella marchara da casa, un axente do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, saíu da sede para facer entrar á parella.
Os feitos tiveron lugar onte, 8 de febreiro, en torno ás 23.45 horas. O axente identifica ao home e require a presenza dunha policía feminina que se entrevista coa muller. Esta manifesta que o home que a acompaña é a súa parella e que a collera polo pescozo nunha discusión para impoñer a súa vontade. Relata ademáis a mulle que en numerosas ocasións pedíulle a súa parella que abandonase o domicilio e que tende a poñerse moi agresivo e a insultala.
Por estes feitos, os axentes procenden á detención do home por un presunto delito de violencia de xénero, sendo trasladada a vítima ao seu domicilio pola axente feminina á espera de presentar a correspondente denuncia e ao home a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para a súa remisión ao Xulgado correspondente.