A reunión que mantiveron hoxe representantes de Lugonovo e Psoe buscando acadar un acordo de gobernabilidade para o Concello de Lugo, rematou co compromiso de que Lugonovo votará para alcaldesa a Lara Méndez. Para chegar a este acordo Lugonovo prantexoulle unha serie de puntos aos representantes dos socialistas que estes non dubidaron en aceptar por ser semellantes aos que incluía o Psoe no seu programa de goberno para Lugo. Estes puntos foron: relación de mutua confianza nun posible goberno de progreso, compromiso de transparencia e exemplaridade na xestión municipal, redución do gasto das formacións políticas con cargo ao Concello e reversión dese aforro en políticas sociais, así como apertura inmediata de conversas para conformar un novo goberno local.
Asemade os representantes de Lugonovo congratuláronse de axudar a que Lugo teña por primeira vez unha muller á fronte da alcaldía.