CCOO denuncia que o Concello de Lugo cobre case setenta prazas á marxe dos procedementos establecidos

A sección sindical de CCOO no Concello de Lugo critica que o Goberno local non utilice os procedementos establecidos para a cobertura de prazas, que é o concurso público. No seu lugar, a Administración está a “abusar” das atribucións temporais e das comisións de servizo, fórmulas que se utilizaron para cubrir 68 postos. Por este motivo, o sindicato acaba de rexistrar unha solicitude para obter copia das resolucións polas que se concederon as diversas prórrogas de cada unha das comisións de servizo, así como os informes das xefaturas ou áreas polas que se motivou a necesidade de urxencia.

No seu escrito, CCOO lembra que a Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria do 15 de xullo de 2020, adoptou o acordo 14/305 de adxudicación dos postos de traballo por comisión de servizo ou adscrición provisional —convocados por resolución do 4 de maio e acordo da Xunta de Goberno do 10 de xuño.

Un dos requisitos é a acreditación da existencia da urxencia e inaprazable necesidade. “A xustificación requisito debe constar expresamente no expediente administrativo”, expón o sindicato, pois a súa ausencia “pode levar á anulación do acto administrativo” de designación dun funcionario ou funcionaria en comisión de servizos.

Así mesmo, CCOO sinala que a Xunta de Goberno local do 13 de xaneiro do 2021, mediante o acordo 17/17, aprobou as bases para os concurso de provisión de diferentes postos de traballo “como sistema normal de provisión”. Con todo, “a día de hoxe non se iniciou tal proceso”, apunta o sindicato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com