O goberno local leva un tempo xestionando os trámites necesarios para a conversión da vivenda comunitaria en fogar residencial e cumprir ca normativa específica ao tratarse dun centro sociosanitario.
O goberno local destaca a irresponsabilidade de gobernos anteriores e lembra a sanción imposta pola Consellería de Política Social por, entre outros motivos, deficiencias estructurais e de acabado na propia vivenda comunitaria, gravante pola gravidade e o risco xerado aos usuarios do centro por non poder prestar os cuidados especificos que precisan, ademais de comportar un grave risco para a súa seguridade e o seu benestar. Asemade, destacan o agravante ao incumprir as advertencias previas do ano 2015, 2018, 2019 e 2020.
Dende o goberno local lembran que o primeiro usuario que entrou en outubro de 2014 xa tiña un grado de dependencia moi superior ao permitido no centro, incorporándose novos usuarios que tampoco reunían os requisitos para poder residir, vulnerando a normativa e non dando unha prestación dos cuidados específicos que necesitaban os usuarios.
Destacan a falta de responsabilidade e a ilegalidade ao abrir un centro e que o primeiro usuario xa incumprira totalmente poñendo en grave risco a súa saúde e benestar e desinformando totalmente as familias. Asemesmo recalcan a irresponsabilidade por facer unhas obras de ampliación non adaptándoas a normativa e nin sequera trasladar o proxecto aos técnicos da administración competente.
Destacan que “o único que se fixo foi a obra material adapatándoa a un proxeto técnico non verificado pois esta non se axusta a legalidade e hai que facer unha serie de trámites e de reformas tanto na ampliación como na propia vivenda comunitaria que lamentablemente tardan tempo en levarse a cabo”.
A alcaldesa, Rocío Seijas, lamenta que ese primeiro usuario tivera que abandonar o centro nos últimos días, pois “lamento profundamente esta situación, especialmente pola persoa afectada a que lle teño un especial cariño, así como pola desinformación que se lle deu aos familiares no momento de entrada ao centro así como durante as obras”. Destaca que “o concello foi obrigado a xestionar os traslados a un centro acorde as necesidades”.
Sinala que “ata que eu intenteu convertelo en fogar residencial en varios reunións, ningún responsable político o intentou pois na Xunta nin tiñan constancia do local colindante nin da intención de que fose autorizado legalmente como fogar residencial”. “É indignante que se xogara cas necesidades dos veciños e cun tema tan delicado como
son os servizos sociais”.