As altas volven ser clave no descenso de casos Covid19

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de informar que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 5108. Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI do Hula, mentres que 43 recupéranse en unidades de hospitalización: 31 no HULA e 6 en cada un dos hospitais comarcais.

Polo de agora, en Lugo hai un total de 42.829 persoas curadas dende o inicio da pandemia e rexistráronse un total de 299 falecementos. Os últimos notificados na provincia foron o 2 de febreiro un home de 87 anos e, o día 9, unha muller de 86 anos.

Asemade, na última xornada mantívose o número de positivos detectados en cifras semellantes ás do día antes con 420 positivos novos rexistrados no sistema.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com