O concelleiro de Cs Lugo, Juan Vidal-Pardo, instou esta mañá ao Goberno local a levar a cabo as xestións necesarias para que a contorna das Pedreiras conte coa seguridade viaria acorde a unha zona de uso masivo.
“Trátase dun espazo deteriorado no que se evidencian anos de abandono. Carece das máis mínima medida de seguridade, os pasos de peóns está borrados, o firme deteriorado e a iluminación é deficiente. Non podemos obviar que se trata dunha vía moi concorrida na que continuamente existe unha trasfega de usuarios das instalacións deportivas e na que se rexistra unha afluencia moi alta de menores”, sinalou o edil da formación laranxa.
“Resulta inexplicable que tanto PSOE como BNG sexan incapaces de establecer un dialogo fluído coa Deputación provincial. É delirante que Arroxo e o seu grupo utilicen os medios para pedir o arranxo da avenida Filarmónica Lucense no canto de falar cos seus socios de Goberno de forma directa, tanto no Concello como na Deputación. É obvio que esta situación en consecuencia directa da guerra fría na que ambas as formacións atópanse inmersas a nivel local e provincial, e onde os veciños e veciñas de Lugo son os principais damnificados. As súas loita polo poder lévannos situacións tan delirantes como esta, ou a que, por exemplo, o aparcamento de Santa María siga pechado máis dun ano despois que o noso grupo presentará un proposición ao Pleno instando ao Concello a realizar as xestións oportunas para conseguir a súa apertura ao público e paliar así o grave déficit de prazas de aparcamento da zona centro que está a xerar un impacto negativo nun dos principais motores comerciais da cidade”, sinalou Vidal-Pardo.
“A contorna de As Pedrerías incumpre a lei de accesibilidade. Está chea de barreiras innecesarias que dificulta o uso de usuarios con discapacidade ou que impide transitar con garantías cun carriño de bebé. A iluminación pública é deficiente e o firme aseméllase o dunha pista forestal en mal estado. Non ten xustificación algunha que o Goberno local non fose capaz en tres anos de mandato de solicitar formalmente a necesaria mellora desta zona ou que aínda non a conseguira”, concluíu.