Incendiase a cociña dunha vivenda por unha tixola que quedou no lume

Un incendio que se orixinou por mor dunha tixola ao lume na cociña dun piso en Lugo deixou a un home ferido, con queimaduras nunha man, ao intentar apagar as lapas.

Segundo puido saber o 112 Galicia, o home foi atendido no lugar polos servizos sanitarios e non tivo que ser trasladado a un centro médico.

Ocorreu na Rúa Río Sil, ás dúas e media desta tarde. A esa hora, unha persoa particular daba conta do incendio ao 112 Galicia. Segundo indicaba na súa comunicación, a cociña da casa estaba ardendo debido a unha tixola que tiñan ao lume e engadía que a vivenda estaba chea de fume.

Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Lugo, da Policía Local, de Protección Civil e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O incendio deixou, ademais, a campá extractora da cociña calcinada por completo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com