Adif licita o arrendamento dun local na estación de Lugo

Adif licitou o aluguer de dous locais comerciais nas estacións de Lugo e A Coruña, destinados a actividades profesionais de restauración, ocio e puntos de venda.

Así, en Lugo sae a licitación a cantina da estación, un local de 95 m2, coa posibilidade de instalación dunha máquina recreativa. A renda mínima total de licitación (sen IVE) é de 40.808 euros para o local, máis 4.080,8 euros para a máquina.

Pola súa banda, na Coruña licítase o arrendamento doutro local destinado a venda de doces, lambetadas e froitos secos. A superficie do inmoble é de 41 m2 e a súa renda mínima total de licitación é de 43.358,5 euros (sen IVE).

En ambos os dous casos, o prazo de vixencia do arrendamento será de cinco anos dende a obtención das licenzas pertinente.

Presentación de ofertas
A documentación dos referidos concursos poderá ser obtida na páxina web de Adif (www.adif.es, sección Perfil de Contratante / Licitación de espazos e inmobles) ou nas oficinas da Xefatura Comercial da Subdirección de Estacións Noroestes de Adif, sitas na rúa Recondo s/n. Estación de Valladolid Campo Grande -47007 Valladolid.

As ofertas das licitacións presentaranse en man nas devanditas oficinas, sendo a data límite o día 1 de xullo de 2015, antes das 12:00 horas. A apertura das ofertas económicas terá lugar os días 14 (Lugo) e 15 de xullo (A Coruña), ás 12:00 horas, nas oficinas da Xefatura Comercial da Subdirección de Estacións Noroestes de Adif.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com