O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reafirmou hoxe a aposta do Goberno polas fontes renovables co anuncio dun novo investimento de 6 millóns de euros para financiar 13 proxectos de instalación de sistemas de produción de enerxía termica con promovidos por 11 empresas galegas. Este importe foi concedido na primeira convocatoria de “Axudas ao Investimento en Instalacións de produción de enerxía térmica con fontes de enerxía renovable” que resolveu definitivamente o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico o pasado mes de xaneiro.
José Miñones indicou que estas axudas servirán para financiar desde o proxecto, ata as obras de instalacións pasando polas probas técnicas e a adquisición de materiais para fornecer estes mecanismos de calefacción e/ou refrixeración con fontes renovables.
O delegado remarcou que os beneficiarios “poderán acceder a un anticipo dun 80% do total concedido para facilitar o avance do proxecto, que, en todo caso, deberá estar concluido antes do 30 de xuño de 2023”. No caso de Galicia, as axudas contemplan proxectos de aerotermia, biomasa, geotermia e unha pranta de biogás. Os importes máis elevados superan amplamente o millón de euros, que se destinan á instalación de caldeiras de biomasa na fábrica de Hijos de Rivera na Coruña e á construcción dunha pranta de biogas nas instalacións de Frigoríficos Bandeira, en Silleda.
José Miñones puxo en valor a participación das empresas galegas vinculadas ao sector primario nesta convocatoria, así como as do sector residencial e asistencial: “esta aportación permitirá poñer en funcionamento en Galicia dúas residencias de anciáns e promocións de edificios residenciais eficientes enerxeticamente”. O delegado do Goberno destaca que é imprescindible que as empresas galegas “sigan a ser protagonistas do Plan de Recuperación” e de que “a colaboración público-privada continúe neste bo camiño para sacar adiante proxectos que fagan avanzar a Galicia no ámbito económico e social”.
Nova convocatoria
O delegado do Goberno lembrou que nestes momentos está aberta unha nova convocatoria deste tipo de axudas financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.
En concreto, Galicia dispón dispón de 8.778.958 euros para subvencionar proxectos de xeración de enerxía térmica con fontes renovables en distintos sectores da economía e da administración pública. As axudas estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2023 e elevarán a porcentaxe de subvención un 5% no caso dos proxectos que teñan orixe nos concellos de menor poboación, “en liña coas políticas do Goberno de apoio aos municipios de Reto Demográfico”, lembrou o delegado.