A afición do CD Lugo recibe este mércores no Ángel Carro a Luis Milla e Toni Otero

O Club Deportivo Lugo realizará a presentación oficial de Luis Milla, como adestrador, e Toni Otero, como director deportivo, o próximo mércores, día 17, no Anxo Carro.

As portas do campo se abrirán dende as 20.00 horas para que os afeccionados que así o desexen poidan recibir e dar a benvida aos responsables técnicos deportivos do club. Serán as dúas primeiras incorporacións para a próxima tempada.

Con anterioridade a que “salten” ao terreo de xogo para manter o encontro coa afección, Luis Milla e Toni Otero serán presentados polo presidente do club, Tino Saqués, en rolda de prensa, ás 19.30 horas no propio campo.

Ao longo da próxima semana será presentada tamén a primeira campaña de socios baixo o lema “O Lugo é paixón”, que se desenvolverá durante o Arde Lucus.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com