A directora do Museo de Lugo Aurelia Balseiro participou hoxe nun webinario impulsado polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, cun relatorio sobre o significado e usos da ourivería antiga desde unha perspectiva de xénero.
Na súa exposición, Aurelia Balseiro explicou que “nas últimas décadas a arqueoloxía de xénero está a asentarse, abrindo miradas e axuizando criticamente determinados estereotipos que, en interpretacións androcéntricas, hermanaron a utilización destes artefactos de ourivería antiga cos atributos asociados á masculinidade”.
A directora do Museo de Lugo, que baseou a súa intervención en referencias bibliográficas de mulleres estudosas da prehistoria e a protohistoria, deu eco a investigacións de rexistros arqueolóxicos que están desmontando os vellos patróns e demostrando que estas pezas formaban parte tamén da vida cotiá e dos enxovais funerarios das mulleres con poder, como indicadores de identidade ou estatus social”.