Este domingo 13, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón, acolle a obra teatral Libre coma os paxaros.
A actriz María Barcala interpreta a Rosalía de Castro nunha obra baseada nos textos da poeta e dirixida por Xúlio Lago. O espectáculo é da consolidada compañía Teatro do Atlántico, en coprodución co Padroado da Cultura do Concello de Narón. A obra chega á Pobra do Brollón grazas á área de cultura da Deputación de Lugo.
O espectáculo será o domingo ás 19:00. O acceso é de balde, previa reserva no teléfono 650 624 828.