Alfonso García Eiriz, candidato á presidencia da Federación Galega de Automobilismo, presentou esta mañá na Sala de Prensa de Ferrecal, en Santiago de Compostela o equipo con que concorrerá ás vindeiras eleccións á presidencia do colectivo. Baixo o nome ‘Xeración FGA’, García Eiriz xunto cos pilotos Ruth Ortega Macías e José Antonio Martínez del Río, amosaron o compromiso do grupo de cara a pilotos e participantes no mundo do automobilistmo galego en tódalas súas especialidades.
Así, os tres fixeron especial atención ao feito de que ningunha das candidaturas alternativas teñen unha representación “tan clara e expresa” por parte do colectivo, amosando a súa preocupaicón diante “desa pasividade que se entende dende o punto de vista das posibles represalias por parte da actual directiva da Federación, encabezada polo seu presidente, Ivan Corral.
Alfonso García Eiriz explicou os puntos básicos e directrices a seguir que quere levar a cabo, “profundamente convencido” dos beneficios que pode aportar dende a súa experiencia e acompañado dun completo círculo de persoas de tódolos ámbitos do automobilismo galego.
Quixo facer fincapé na proposta dunha “Federación aberta, de máximo diálogo en tódolos ámbitos, tanto interno cos propios federados (deportistas, clubes, árbitros, xuices…), como no externo (institucións, patrocinadores, outras federacións….)”, retomando asimesmo o trato cordial e as relacións coa RFEDA para evitar duplicidades nos calendarios e poder traballar conxuntamente.
O decálogo de actuación de Xeración FGA baséase en varios pilares fundamentais, destacando entre eles:
– A transparencia total e absoluta da xestión económica. Os afiliados deben ser coñecedores dos gastos e ingresos da FGA. Non e concebible a actual xestión na que se descoñece por completo a actuación económica dos cartos de tódolos afiliados.
– Un reparto proporcional e equitativo dos cartos públicos, creando subvencions para todolos campionatos de tódalas especialidades, facendo especial atención a aquelas que se poden considerar como as bases do automobilismo (karting, slalom, autocross…) que hoxe en día están ninguneadas e marxinadas.
– Facer un federación efectiva e eficaz, sempre a disposición dos afiliados, e non como un ente que se adica a recaudar. Unha federación capaz de dar resposta as inquedanzas dos seus membros, unha federación capaz de crear equipos de traballo reais para cada especialidade, unha federación con capacidade de formación contínua de comisarios, xuices, observadores, sinaladores….
– O estudio e reformulación das actuáis becas e copas de promoción. A FGA non pode permitirse que un deportista teña que rexeitar un premio por non poder facerlle fronte os custos que lle acarrearía. Unha beca ou copa de promoción ten ser un pulo para a carreira de un deportista, non un obstáculo. E básico e imprescindible recortar os custes nestas becas e copas dada a súa natureza intrínseca de ser unha axuda para o comezo de calquera deportista.
– Potenciar a inclusión de novos proveedores e marcas, facendo fincapé nos neumáticos, dado que o monopolio actual implica uns custes ainda máis elevados e non xenera absolutamente ningún beneficio sobre o deportista.
– Retomar a iniciativa para o estudo e posta en marcha do tan esperado e necesario Circuito Galego de Velocidade que tantos deportistas e afeccionados veñen demandando dende décadas atrás.
Asimesmo, Alfonso García e a súa equipa Xeración FGA, manifestaron cales serían as primeiras medidas a levar a cabo en caso de conseguir ser a opción maioritaria nas vindeiras eleccións á presidencia da FGA.
O candidato á presidencia destacou que o primeiro que realizará será unha auditoría económica, fiscal e contractual da Federación, ademáis da reducción dos mandatos federativos a un máximo de dúas lexislaturas, a modificación das atribucións do Presidente, ademáis da reducción do salario e, no caso de que non se trate dunda dedicación exclusiva, incluso a eliminalo.
Intentarán crear a figura do ‘Director deportivo’, un cargo nomeado pola Xunta Directiva e que traballará baixo a súa supervisión. Ademáis, buscarán reubicar a sede federativa nun local público e sen custe para a FGA, nunha localidade que resulte máis céntrica para os afilidos.
No relativo aos deportes automobilísticos, crearán os campionatos de vehículos históricos, de Rallysprint e Drift; apostaran pola potenciación da base (Karting, montaña e autocross) con inxeccións económicas directas así como pola supresión dos pasaportes técnicos. Ademáis, revisarán e actualizarán as dietas e a remuneración dos equipos médicos e establecerán uns premios mínimos para cada proba.
Para rematar a rolda de prensa, Xeración FGA, quixo trasladar a tódolos afeccionados, afiliados, deportistas e clubes, a súa firme convicción de ser a candidatura máis ampla e accesible, invitando a todos a formar parte dela, “dado que tódolos apoios son necesarios e imprescindibles, e todos teñen cabida nesta nova Federación Galega de Automobilismo”.