5000 sinaturas contra o peche da gardería de Abanca

Os pais que levan os seus nenos á gardería do barrio do Sagrado Corazón que Abanca quere pechar, entregaran mañá ás once no rexistro da Xunta de Galicia, logo no Concello e posteriormente en Abanca, as 5000 sinaturas que recolleron en dúas semanas.

As sinaturas irán dirixidas ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, á Consellería  de Traballo e Benestar e ao Concello de Lugo, para que tomen cartas no asunto e axuden a evitar o peche da gardería da obra social das antigas caixas, e que ABANCA respecte o acordo alcanzado coa Xunta para manter a obra social durante 30 anos así como os postos de traballo.

Os pais tamén solicitaran unha reunión coa delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, para tratar o tema do peche da gardería e as súas posibles solucións, así como para que a Xunta actúe de mediador coa entidade financeira.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com