Continúa a aumentar en Lugo o número de casos Covid día tras días. Malia que se trata dunha suba paseniña, é diaria polo que o paso atrás na evolución da sexta vaga xa é notable.
Actualmente, a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte conta con 2386 casos activos, 14 máis que no día de onte pero case 400 máis que hai 10 días.
No tocante á presión asistencial manténse estable entre os 30 e os 40 ingresados dende hai varias xornadas. Hoxe son 3 menos que onte os pacientes covid ingresados en hospitais da provincia. Así, en total, Lugo conta con 35 pacientes en planta e 1 na UCI do Hula. Por centros, o HULA suma 21 pacientes covid, o Hospital da Costa conta con 4 e o de Monforte con 10.
Outro baremo que se mantén á alza son os positivos rexistrados que nas últimas horas sitúanse en 279, fronte aos 250 de onte. Ademáis, na xornada de hoxe hai que lamentar un novo falecemento, o dun home de 80 anos que finaba o pasado luns, 14 de marzo. Con el son 314 os falecidos na provincia dende o inicio da pandemia. Pola contra, son xa 52.480 persoas as que poden dicir que superaron a enfermidade.