Os bombeiros do parque comarcal de Monforte tiveron que actuar onte para axudar a unha muller, que caeu nun balcón sen capacidade para moverse. De feito, para poder acceder á ferida, os efectivos de extinción de incendios e salvamento utilizaron un vehículo dotado para o rescate en altura.
Todo ocorreu despois das sete da tarde de onte nun piso da Rúa Celso Emilio Ferreiro, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia.
Ademais dos bombeiros, ao lugar dos feitos chegou unha patrulla da Policía Local e tamén os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.