O sistema ecall permitiu a unha condutora pedir axuda ao 112 Galicia despois de bater contra un animal que interceptou na vía en Foz. A muller necesitaba asistencia médica debido ás lesións provocadas polo golpe e tras activarse a bolsa de aire de seguridade do vehículo.
De feito, presentaba algunhas feridas nas pernas, polo que foi atendida polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, posteriormente, trasladada ao centro hospitalario de referencia.
Ademais, o sistema de chamada de emerxencia ecall instalado no interior do vehículo permitiu coñecer axiña a súa localización, a LU-152, ao paso por Santo Acisclo do Valadouro, no termo municipal de Foz.
Así, xunto cos profesionais médicos, desprazáronse ao lugar do accidente os axentes da Garda Civil de Tráfico, membros do GES de Cervo e voluntarios de Protección Civil da vila. Igualmente, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración do persoal de mantemento da Axencia Galega de Infraestructuras (AXI) para a retirada do animal.
Cómpre indicar que o accidente produciuse ás 20:30 horas de onte.