A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, anunciou esta mañá que o seu grupo proporá á corporación no pleno ordinario do vindeiro xoves poñer en marcha un programa municipal de convivencia interxeracional en colaboración coa USC.
“Máis de 5.000 lucenses maiores de 65 anos viven sos. Por outra banda, ao redor de 3.500 mozos mozas en idade universitaria cursan estudos na nosa cidade cada ano. A actual conxuntura socioeconómica, unido a escalada dos prezos de aluguer dificulta curso tras curso que moitas familias poidan sufragar os gastos derivados de enviar un fillo ou filla a universidade. Debemos entender estás dúas realidades como un problema social pero tamén como unha oportunidade para medrar como sociedade”, sinalou a edil da formación laranxa.
“Distintos concellos a nivel estatal levan anos desenvolvendo programas de convivencia interxeracional, que está a dar resultados moi satisfactorios. Madrid, Barcelona, Murcia ou Salamanca son algunhas destas localidades onde xa está implantado”, explica a voceira.
“Persoas maiores poñen a disposición os seus cuartos libres para estudiantes universitarios. O obxectivo é crear lazos entre dúas xeracións. Deste modo, os maiores están acompañados certas horas do día, polo que se evita o seu illamento social e tamén é unha excelente solución para os estudiantes que buscan atopar un aloxamento dentro das súas posibilidades. O traballo conxunto dos servizos sociais municipais e a Universidade conseguirá xerar unha rede de contactos moi beneficiosa para ambas as dúas partes”, dixo Louzao.
“As institucións, desde as áreas de benestar ou cohesión social, deben facilitar apoio, amparo e intervención en programas dirixidos á promoción da vida activa e saudable deste colectivo, que lles permitan compartir experiencias mellorar as súas habilidades funcionais e emocionais. É necesario impulsar un convenio entre a Concellería de Cohesión Social e a Universidade de Santiago de Compostela para poñer en marcha un programa de convivencia interxeracional deste tipo. Lugo é unha perfecta candidata para poñer en marcha esta iniciativa para o vindeiro curso universitario”, concluíu a concelleira.