A Cohors III Lucensium abre o venres unha mostra de pezas romanas

A asociación Cohors III Lucensium abrirá este venres unha exposición de pezas romanas nos soportais da casa consistorial, un atractivo máis do que poderán gozar esta fin de semana os milleiros de visitantes do Arde Lvcvs.

A asociación de recreación histórica, en colaboración co Concello de Lugo, colocará vitrinas con dez furnas que mostrarán dende material de gladiadores, cascos de tropa ou espadas, ata elementos da vidacotiá dos romanos, como ánforas ou outros relacionados coa medicina e a escritura.

Todo material que foi reunindo a propia asociación durante os anos nos que leva participando no Arde Lvcvs. A agrupación tamén exporá no exterior da casa consistorial unha maqueta dunha penadería da época que con dous por dous metros de dimensión, contén todas as estruturas necesarias para a elaboración do pan romano.

A exposición inaugurarase ás 12.00 horas do venres e permanecerá aberta durante toda a celebración do Arde Lvcvs.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com