O Grupo Municipal do Partido Popular envioulle á alcaldesa unha petición para que identifique e sancione ás persoas que colgaron esta fin de semana a bandeira independentista no cuartel de San Fernando.
Os populares achegan fotografías “nas que se ve a un grupo dunhas oito persoas que portaban varias bandeiras mentres un deles subíase a unha escaleira para colocar na fachada do cuartel, catalogado como Ben de Interese Cultural, unha destas bandeiras independentistas mentres o resto acirrábano”.
O viceportavoz popular espera que a alcaldesa ordene abrir inmediatamente unha investigación diante desta “provocación” xa que “estamos a falar dun acto premeditado que se fixo á plena luz do día”.
Ameijide recrimina que ata o momento non houbese ningunha declaración pública do goberno local sobre estes feitos, o que lles resulta, din, “curioso” e “moi revelador” é ver “o silencio cómplice tanto do PSOE como do BNG ante este acto propagandístico”.