Adxudicadas tres novas obras que mellorarán a rede de estradas provincial

A Xunta de Goberno provincial aprobou onte a adxudicación de tres novas obras para continuar mellorando a rede de estradas da Deputación de Lugo por un importe conxunto que supera os 660.000€.

Na LU-P-2901, de Lugo a Palas de Rei, adxudicouse un proxecto para acondicionar un novo tramo de 8 quilómetros, entre os puntos quilométricos 5,5 e 13,1. Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación e sinalización horizontal, e o prazo de execución é de 9 meses. A voceira do Goberno lembrou que a Deputación está acometendo obras nesta mesma estrada entre os quilómetros 21,3 e 25, cun investimento de 175.000€, e que o pasado ano xa mellorou outro tramo, entre os quilómetros 3,3 e 5,4, ó que destinou 85.000€.

Na LU-P-1809, que comunica Chantada, Taboada e Antas de Ulla, quedaron adxudicadas as obras para a mellora da práctica totalidade da estrada por preto de 182.000€. O proxecto inclúe traballos en máis de 20 quilómetros, do total de preto de 25 q que ten a vía. O prazo de execución é de tres meses.

Por último, na LU-P-3505, de Navia de Suarna a Cervantes, adxudicouse tamén a mellora da práctica totalidade da estrada provincial cun investimento próximo aos 137.000€. Esta obra afectará a 26 quilómetros, dos 28 que conectan a localidade de Navia de Suarna con Donís. O prazo de execución tamén é de tres meses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com