Despois dun tempo sen debates en Lugo Siradio Ancares que emite na frecuencia 107.4 da FM, volve o programa Estoa e farao a partires da vindeira semana de sete a oito da tarde e de luns a xoves. Nesta nova xeira participaran xornalistas, políticos en activo, expolíticos e persoeiros da sociedade luguesa, que tarde a tarde analizarán, polo miúdo, a actualidade da provincia e da capital. Nuns momentos tan interesantes dende o punto de vista político e social e necesario analizar cos protagonistas e con persoas que estiveron na primeira liña de fogo o que está a acontecer e o que nos depara o porvir.
