A I Feira de Emprego e Talento impulsada desde a Asociación de Empresarios do Polígono O Ceao-As Gándaras quedou inaugurada esta mañá. A xornada iniciouse cunha serie de intervencións por parte das autoridades asistentes, ás que foi dando a palabra Ramón Alonso, vicepresidente da Asociación de Empresarios. Alonso explicou na súa intervención que o obxectivo desta feira era crear un punto de encontro. “Ofrecer un lugar onde dar visibilidade aos distintos actores” do ecosistema laboral. Así manifestou que é indispensable a colaboración entre as catro patas fundamentais deste ecosistema: o mundo empresarial, o mundo académico, o mundo institucional e aqueles que ocupan os postos de traballo ou están en busca de emprego ou dunha mellora laboral. O directivo tamén destacou a importancia dos empresarios e anunciou a continuidade da feira de fronte ao futuro e fixo un chamamento aos empresarios que aínda non son socios a asociarse: “porque xuntos somos máis fortes”. Tras declararse inaugurada a I Feira de Emprego e Talento, autoridades, empresarios, académicos e público asistente fixo un percorrido polas diferentes casetas interesándose polo que ofrecían e polo perfil das persoas que se estaban achegando desde primeira hora da mañá ás diferentes casetas.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.