O Concello de Lugo presentou hoxe o plan de tráfico que se porá en marcha para garantir a seguridade viaria durante o transcurso da media maratón Cidade de Lugo. Unha competición que se desenvolverá por diferentes rúas da capital e que precisa, no seu transcurso, da ocupación de determinados espazos, en condicións de seguridade tanto para organización como para os participantes e os usuarios ou residentes das zonas de influencia.
O dispositivo habilitado estará composto por 40 axentes da Policía Local, ademais de 15 integrantes de Protección Civil que, xunto a 70 voluntarios da organización, velarán para que todo o evento discorra coa maior efectividade e ocasionando as menores molestias posibles.
A saída e a meta estarán situadas nas inmediacións da Praza da Horta do Seminario de Lugo o que obrigará a pechar ao público, durante a mañá, o estacionamento do edificio do Seminario.
As vías, incluídas no percorrido, que serán cortadas ao tráfico a partir das 09:30 horas do domingo, 22 de maio, serán:
Avenida Ramón Ferreiro, Avenida Alcalde Anxo López Pérez, Rolda da Muralla, Avenida de A Coruña, rúa Montefaro, rúa Poeta Manuel María, rúa Otero Besteiro, rúa Anselmo Sampedro Ania, rúa da Milagrosa, rúa Pintora Xulia Minguillón, rúa Bo Xesús, Praza Santa María, Praza Maior, rúa da Raíña, Praza Santo domingo, rúa Quiroga Ballesteros, rúa San Froilán, rúa San Fernando, rúa San Marcos, rúa do Progreso, rúa San Pedro, Praza Anxo Fernández Gómez, Praza campo Castelo, rúa Bispo Aguirre, Avenida de Rodríguez Mourelo e rúa Puro Cora.
Debido á duración das restricións, que se concentrarán entre as 09:30 e as 13:00 horas, e co obxectivo de minimizar os efectos sobre o tránsito rodado e o transporte público, permitirase a circulación de vehículos nos seguintes tramos do circuíto:
a) Carril dereito da Rolda da Muralla, segundo o sentido de circulación, dende rúa San Roque ata a intersección con rúa Monforte. Neste tramo, o carril esquerdo, será acoutado con conos pola Organización para los corredores participantes.
b) Avenida Ramón Ferreiro, dende a rúa Cornubia ata a Fonte do Rei, onde se habilitará con liña de conos a circulación de vehículos polo carril dereito dende Cornubia e o exterior da Fonte do Rei cara San Roque.
c) Praza de Avilés, dando saída a residentes e usuarios de Avenida Doutor García Portela pola rúa Armando Durán.
Permitirase a saída de residentes na medida do posible e sempre de forma controlada a través dos seguintes puntos:
-
Carril dos Loureiros, rúa Vilalba en sentido contrario pola Rolda da Muralla ata a rúa Santiago.
-
Rúa Montevideo, sentido contrario á circulación habitual cara a rúa Doutor Xermán Alonso Hortas.
-
Rúa Poeta Curros Enríquez, intersección Avenida de A Coruña cara a rúa Illas Cíes