O PP empraza ao BNG a explicar se apoiará a Martínez como presidente da Deputación

O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, considera que a “contundente derrota do secretario provincial dos socialistas lucenses, Juan Carlos González Santín a mans do alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, na candidatura para a Presidencia da Deputación, supón unha desautorización en toda regra do número un de Besteiro na provincia, pero tamén coloca ao PSOE nunha situación de debilidade que xa optan por un candidato sobre o que pesa unha imputación xudicial, isto é, está baixo o punto de mira da Xustiza”, sinalou.

O dirixente popular reta ao BNG e aos seus máximos responsables provinciais a “explicar si apoiarán á candidatura á Presidencia da Deputación de Lugo de un imputado ou si, pola contra, manterán o mesmo criterio ético do que presumen e que, por exemplo, deu lugar á forzada saída de Orozco como alcalde de Lugo. Os nacionalistas deben deixar claro si o que valeu para Orozco vale para Martínez, ambos en idéntica situación xudicial”.

Balseiro insiste en que o movemento feito polos socialistas obriga aos nacionalistas –que teñen á chave de goberno da Deputación- a que expliquen ante os lucenses que criterio van seguir, e se van a investir como Presidente, “co seu imprescindible apoio, a unha persoa sobre a que pesan graves indicios de actuacións presuntamente delicitivas e polas que foi imputado pola Xustiza, e que ademais teñen que ver coa súa xestión na departamento de vías e obras provincial”.

Pola súa banda, Martínez ten confianza en que a súa imputación administrativa non sexa un problema de cara a chegar a un acordo na Deputación de Lugo co BNG. «Teño o respaldo do partido e só queda que os nacionalistas nos dean o seu apoio, aínda que penso que non haberá problema cando levamos oito anos traballando xuntos», concluíu o candidato á Presidencia do ente provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com