Un colectivo de persoas que están en contra do proxecto aprobado polo Concello para a esquina de San Roque coa Ronda, Montero Ríos e Carril das Flores, convoca a cidadanía de Lugo para informala das construcións que está previsto se ergan nos solares desta esquina.
Na mesa redonda que está convocada para o vindeiro día 14 ás 19:30 horas no auditorio do Vello Cárcere estarán: Camino Casabella, licenciada en belas artes e pintora, en representación do Foro do Camiño Primitivo e os arquitectos Raúl Veiga, Xosé Anxo Carreira Montes e Carmen Figueiras; o moderador será Froilán Pallín, secretario xeral de Adega. Logo das diferentes exposicións dos participantes abrirase un debate entre todos asistentes ao acto.