A Policía Local de Lugo leva tramitadas un total de 358 solicitudes para a celebración de cacharelas esta tarde noite, aínda que até as 13:00 horas a cidadanía pode rexistrar as súas peticións.
Estímase que, en total, neste San Xoán se organizarán no municipio de Lugo ao redor de 400 fogueiras, recuperándose, así, esta cifra a niveis de 2017 cando se rexistraron 403. (336 en 2018 e 299 en 2019).