O vindeiro luns día 4 ás 20 horas nas inmediacións da Porta de San Pedro, o colectivo “Outro Garañón na muralla”convoca unha nova mobilización para pedirlles ás “responsábeis políticas a inmediata paralización das obras de urbanización que se están acometer na confluencia do Camiño Primitivo e a Muralla, dous dos Patrimonios da Humanidade que temos na cidade de Lugo, así como a retirada da Modificación Puntual do PEPRI no quinteiro 214 A”. Asemade solicitan a redacción dun novo plan máis respectuoso con este lugar de tanto valor histórico e patrimonial para a cidade.