A Asociación de Comerciantes Industriales, Servicios y Autónomos (ACISA) ven de convocar aos seus asociados a unha reunión o mércores ás cinco da tarde na antiga Casa Sindical de Ribadeo, á que acudirán responsables da Xunta de Galicia, para falar do Plan de Conservación de As Catedrais.
Se nada cambia, este polémico plan que enfrontou a varios sectores políticos e sociais, entrará en vigor o 1 de xullo. Dende a directiva de Acisa explican que “a Directora Xeral de Turismo pidenos que convoquemos aos hostaleiros e profesionais do sector de Ribadeo, dado que o asunto a tratar é do seu interese”.
Acisa pide desculpas aos socios e socias que esta mañá acudiron a un encontro programado para ás once da mañá, e que finalmente non puido celebrarse por problemas de axenda da Xunta de Galicia, que tivo outras reunións en Ribadeo sobre o mesmo tema.