ACE non descarta acordos puntuais co Goberno Local

O representante da plataforma Alternativa Cidadá de Esquerdas, Carlos Portomeñe, reiterou hoxe a intención de non formar parte do goberno municipal, aínda que non descarta chegar a algún tipo de acordo en políticas concretas e puntuais co executivo local.

Este punto xa fora anunciado pola formación logo do 24 de maio, ao acadar un concelleiro e facer análise dos resultados que verteron as elección municipais.

O representante de ACE no Concello declarou a este medio que “nos non podemos entrar nun goberno onde o urbanismo que practicaron foi sospeitoso dende o primeiro momento, nin nun goberno onde se privatizaron a maioría dos servizos”. Do mesmo xeito, ACE si estaría pola labor de apoiar os Orzamentos Participativos tal e como están a facer PSOE e Esquerda Unida noutras cidades do Estado.

Portomeñe declarou asemade que “nos non estamos no Concello para ser os do ‘non’, senón para axudar a que os veciños e veciñas de Lugo teñan os mellores servizos públicos”, e engadiu que “punto por punto pódese chegar a moitos acordos, aínda que non daremos un cheque en branco ao Goberno Municipal, sexan quen sexan os seus representantes”.

Con estas declaracións, semella que a intención da plataforma cidadá é colaborar no posible nas políticas que redunden en beneficio da cidadanía lucense, pero estudando previamente, polo miúdo, cada proposta.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com