O Concello de Lugo informa de que hoxe, 19 de xullo, procederá a cortar durante a tarde o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en: Rúa do Fondal.
A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.
Por outra banda, comunícase que resultou imperativo cortar a subministración de auga na Rúa Fermín Rivera e na parroquia de Orbazai, debido a unha avaría na que xa están traballando os operarios de mantemento, para intentar restablecer o subministro o antes posible.
O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasionen estes cortes de auga.