Continúa o FOLK NO CAMIÑO FEST en Sarria

Hoxe continua, a partires das 23 horas, unha nova xornada do FOLK NO CAMIÑO FEST  o festival de músicas dos diferentes pobos do estado español  que baixo a denominación de IBERIAN ROOTS  está percorrendo diferentes vilas e cidades, inaugurábase onte cos  cataláns ROS  en Sarria. Ao público que asistiu ao concerto na Praza da Vila gustoulle moito aa banda catalá. ROS mestura a música tradicional coa electrónica , o que fai que a súa música descorra por uns vieiros de xusta modernidade sen estridencias e mantendo en todo momento o a música de raíz como elemento fundamental do seu discurso musical.

Nesta segunda xornada intervirán os grupos Miguel Afonso de Canarias e o grupo galego BRATH, que presentará o seu novo albúm titulado xenericamente “CLAN ATALANTE”.  BRATH que se formou nesta vila hai 42 anos é unha das formacións históricas da música galega e nestas máis de catro décadas ten levado a súa música a diferentes continentes e actuado en moitos dos auditorios e festivais máis importantes do mundo.

O canario MIGUEL AFONSO e dos músicos máis sobranceiros das Illas Canarias, o acordeonista, está xirando con diferentes proxectos durante todo ano e ten dado concertos nos USA, Australia, Europa así como en diferentes países do continente africano.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com